top of page

Podcasts das Imaxes do Patrimonio

Nesta sección albérganse os podcasts que se presentarán ao Concurso das Imaxes do Patrimonio 2024, e que serán publicados en Onda Candeira, a radio do IES Politécnico de Vigo. Ademais, tamén se pode visualizar un vídeo creado sobre estes podcasts, e que foi proxectado na entrada do noso IES durante a semana das Letras Galegas.

Alén destes podcasts, tamén se pode acceder desde o reprodutor de música ás recollidas de tradicións orais realizadas polo alumnado ás súas familias no pasado Nadal de 2023; e mais aos programas publicados durante este curso 2023-2024 en Onda Candeira, a emisora do IES Politécnico de Vigo.

bottom of page