top of page
  • aluzdacandeira

As imaxes do patrimonio (1º ESO A)

Actualizado: 11 jun

Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 1ºESO A do IES Politécnico ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2023; e que servirán para participar no Concurso das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebra na parte final do curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.


1º ESO A


Daniel Calero del Valle

Luz Iglesias que é a miña veciña e amiga da familia vai contarnos a historia dunha foto moi antiga. Esta foto é da escola unitaria de nenas en San Cibrán (Concello de Gondomar), na que podemos ver unha clase coa profesora que era a nai de Luz e as súas alumnas de costas, tamén vemos unha  foto de Franco e símbolos relixiosos, que daquela eran obrigatorios en todas as clases.  

A mestra chamábase Luz Herrero e estivo nesa escola dende 1934 ata 1975, data na que comezou a dar clases no Colexio Fleming de Vigo. Na Guerra Civíl requisáronlle os libros da biblioteca, aínda que algún conseguíu agochalo e hoxe os conserva a súa filla.

Chámame moito a atención que as clases non eran mixtas, separábanas por nenas e nenos. Nesa época as nenas escribían con pluma e tinta, por eso os pupitres tiñan un oco para a tinta, e ademais cada nena tiña súa lousa como libreta para anotar cousas.

No franquismo era obrigatorio falar en castelán e non se podía falar galego na escola.

A foto ten un valor cultural e histórico porque amosa a educación daqueles anos.


 

Mafalda Castelao Rey

Na imaxe pode verse o meu avó e a miña tía-avoa cando eran pequenos, debían ter arredor duns tres ou catro anos, aínda que na foto non se aprecia moito están na porta do colexio, e con uniforme simple e cores neutras, no verán máis ou menos a mediados de xullo do ano 1933, poucos anos antes da guerra. Crese a posibilidade de que a foto fose tomada pola miña bisavoa, coa cámara antiga do meu bisavó, aínda que non estea confirmada esa teoría. Nesta foto apréciase moito a cara esperta e seria dos meus familiares e foi tomada co único motivo de recordar ese bonito momento cando sexan maiores, ou como no noso caso, noutra xeración cando elas xa non estean con nós. Como é tan antiga a imaxe ten unhas cores neutras de marróns e tons alaranxados ademais de cobrizos. Esta imaxe encontrámola nun álbum de fotos vellas, na casa da miña avoa, nunha aldea antiga de Pontevedra.



 

Brais Da Silva Menor


Esta foto está sacada a finais dos anos sesenta,  en Vilacoba, que era onde vivían os meus bisavós, na eira da súa casa. Na foto saen a miña bisavoa Cándida e o meu bisavó Manuel (todos lle chamaban Basquido, facendo honor ao lugar onde naceu a súa familia). Están facendo unhas estruturas de palla chamadas medas. No centro poñían un pau de moita altura e ao seu arredor acumulaban palla ou herba seca para poder alimentar ó gando durante o inverno. Alcanzaban moita altura, dependendo de canta herba recolectaran. A miña bisavoa sempre estaba na parte de arriba como se ve na foto e o resto da familia e veciños axudaban subindo a palla con ferramentas do campo.

A palabra meda úsase para referirse a unha morea de palla, herba, ou mesmo leña pero tamén pode referirse a un conxunto de fabas de millo, dispostas xeralmente nunha pila cónica, colocadas na eira á espera de ser debullada ou machucada.

O traballo das persoas foi substituído por máquinas que prensan a herba seca en feixes de forma rectangular chamados pacas. Na eira dos meus bisavós xa fai moitos anos que non se ve unha meda.

Na parte de arriba, está a miña bisavoa e abaixo o meu bisavó.



 

Filipp Deyan Deyanov Kuchumov




 

Derek Domínguez Álvarez



A foto é de Vigo na época anterior a 1970, creo que sobre o ano 1966.

Na foto vese o instituto Santa Irene pola parte traseira e tamén o instituto San Tomé de Freixeiro, ao lado do instituto Santa Irene encóntrase o pavillón deportivo das Travesas co seu campo de fútbol e a pista de atletismo ao seu arredor.

Dende a praza de América vese un pouco das distintas rúas e avenidas: Gran Vía, Castrelos, Fragoso, Florida, avenida de Castelao, rúa Lalín e a rúa Coruña. Nesta foto a praza de América non ten ningún momumento, o momumento da porta do Atlántico aínda non se construira.

No centro da praza América pódese ver os tranvías, e no comezo da avenida da Castealo están as súas cocheiras, onde durmían os tranvías. Na avenida de Castelao nesa época non había ningún dos edificicios que están hoxe en día, tampocou estaban os edificio de facenda e dos xulgados, pero vese unha chea de casas ao fondo, unha é a casa dos meus avós onde naceu a miña nai e os meus tíos.



 

Iven Fernández González


A foto sitúase no ano 1974 en Viana do Castelo en Portugal, na Igrexa de Santa Luzia que se atopa nun primeiro plano, esta igrexa mantense así hoxe en día. Nos anos setenta aínda era común ter fotos en branco e negro. Na foto obsérvase a varias persoas de diferentes idades sentadas nas escaleiras da igrexa. Eles facían excursións xuntos a lugares de moito interese como era a igrexa, todos ían vestidos dunha maneira completamente distinta á actual: con camisas, longas chaquetas, xerseis e zapatos e botas moi antigos. Entre todas aquelas persoas atopábanse os meus bisavós que xa tiñan unha idade. A foto contén un corte que demostra a súa antigüidade de cincuenta anos, a foto pasou dos meus bisavós á miña avoa materna, que no ano no que se fixo esta foto tiña quince anos, e ela deulle a foto a miña nai, que ma prestou para este traballo.



 

Leire Graña Abal



 

Sauat Kalkiyev


Non temos esta foto en papel porque é moi antiga. Nela vese o meu avó, que está co seu amigo ao final da batalla de Königsberg. El e o seu amigo tamén teñen uniformes militares. A batalla de Königsberg selou a conquista de Prusia Oriental polo Exército Vermello durante a Segunda Guerra Mundial. Non se puido atacar entre xaneiro e febreiro de 1945. Finalmente, como a cidade estaba completamente illada do resto da Alemaña nazi, as forzas alemás rendéronse o 10 de abril. A foto é de 1945. É comprensible que esta imaxe teña un valor especial para nós, xa que representa a experiencia do meu avó e o seu amigo nun momento tan trascendental. A través destas fotografías, podemos conectar co pasado e lembrar a valentía e sacrificio dos que viviron aqueles tempos difíciles. E lémbranos a el, xa que non está vivo.



 

Lola Núñez Otero


Na foto pode verse a miña avoa por parte de pai na súa tenda de discos onde traballaba, nesa época tiña arredor de 18 anos, ademáis de vender discos, nesa tenda tamén revelaba fotos.



 

Javier Pérez Barreiro


A romaría de San Bartolomeu no Monte Alba

Na foto están o meu avó,o seu irmán e o seu pai (meu bisavó). A foto esta feita na romaría de

San Bartolomeu, no monte Alba, máis ou menos no 1950. Meu bisavó vivía na parroquia de Sárdoma e era moi devoto de San Bartolomeu. Ía todos os anos camiñando á procesión, e sempre que podía lebaba os seus fillos. A San Bartolomeu chámanlle o “Santo do medo” porque di a tradición que na sua romaría se te dás 3 croques na cabeza coa figura do santo, este che quitará todos os medos.

Esta romaría forma parte dun conxunto de 3 festas. A primeira é a romaría da virxe do Alba que

se fai o día 15 de agosto, nesta romaría se sube a figura da virxe en procesión dende a igrexa de

Valadares ata a capela do monte Alba. A segunda é a romaría de San Bartolomeu, o 24 de agosto.

A figura de San Bartolomeu é subida en procesión dende a igrexa de Valadares, e é cando se fai

o rito dos croques. As festas do monte do Alba rematan o 8 de setembro cando as dúas figuras

baixan de volta a igrexa de Valadares, pero antes faise uhna boa festa na capela do monte Alba.



 

Antón Rodrigo Catalina







O Sanatorio da Lanzada

Na primeira foto vese uns enfermos nas súas camas no exterior do Sanatorio da Lanzada, no que tamén estaba o meu bisavó, o 7 de setembro de 1940 ;e estaban alí porque naquela época había moita tuberculose e alí internaban aos pacientes desta doenza, salvo o meu bisavó, que acabara alí porque se fixera unha ferida xogando ao fútbol que, como non curara ben, se lle infectara varias veces. Como se pode ver, os enfermos eran sacados fóra, á praia, para tomar o aire fresco, pois a tuberculose era unha enfermidade que afectaba moito os pulmóns. O Sanatorio estaba diante da praia da Lanzada, onde os pacientes tiñan unhas moi boas vistas do areal e do mar.

Na segunda foto vese o meu bisavó na terraza posando para a foto e na terceira está cun grupo de compañeiros do hospital, cada un deles portando unha guitarra, agás un, que porta un clarinete. O meu bisavó contaba que naquela mesma terraza aprendera a tocar a guitarra co seu, posteriormente, profesor de música.

 

Silvia Rodríguez Pereira


Esta fotografía entregouma a miña avoa. Na fotografía ,que lles sacou un fotógrafo que andaba polas festas un 2 de Febreiro alrededor do ano 1968, aparecían as irmás da miña avoa, as súas amigas, e case todas as mozas da vila, que viñan da misa da Candelaria. Detrás delas aparecían un par de casas, que xa non existen, e un carro de bois, que era o que se empregaba daquela para as tarefas do campo. Neses días, ían á misa pola mañá e pola tarde ían ás festas da vila. Ao día seguinte do que ían a misa, había outra festa nun pobo cercano, que era a festa do San Blas. En todas esas festas sempre o pasaban moi ben e bailaban cos mozos da vila.



 

Noa Vázquez Villa


Na foto pódese ver a moita xente facendo unha alfombra floral de Bueu e entre eles están os meus tíos-bisavós. Máis ou menos a foto foi tomada a principios dos anos 60. Como xa dixen antes, están facento unha alfombra floral , estas son unhas alfombras feitas con flores, cunchas, area e pedras  que serven para que a procesión pase por un sitio derorado e bonito.



 

Juana Castelletti Boggia


(SEN TEXTO)



 

Zoe Corral Iravedra


(SEN TEXTO)



 

Zaira Méndez Mouriño


(SEN TEXTO)



 

Bruno Moscoso Vázquez


(SEN TEXTO)



 

Jesús Mosteiro Comesaña


(SEN TEXTO)

 

Daniela Ospina Santamaría


(SEN TEXTO)



 

Josefina Breppe Fayó


(SEN TEXTO)



 

Bruno Correa Gutiérrez


(SEN TEXTO)


 

Sana Noori



(SEN TEXTO)

 


154 visualizaciones0 comentarios

댓글


bottom of page