top of page
  • aluzdacandeira

Imaxes do patrimonio (1º BACH B+C)

Actualizado: 23 may

Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 1ºBACH B+C do IES Politécnico ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2023; e que servirán para participar no Concurso das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebra na parte final do curso.


1 º BACH B


Emma Alvarez Ferreira


Nesta fotografía podemos apreciar a miña avoa, María del Carmen Fernández de Pías, O Rosal facendo a primera comuñón sobre o ano 1955. Un acto moi costumbrista naquela época que para nós pode non significar moito pero daquela era un gran acontecemento, xa que a cultura era moito máis católica practicante. Nesta fotografía temos á miña avoa de 8 anos estreando un vestido branco para a ocasión, algo que só sucedía en ocasión especiais ou unha vez ao ano na festa da vila na miña casa. Ademais podemos ver un rosal aos que logo miña avoa lle collería tanto cariño co tempo. De fondo podemos observar unha saba floreada para poder facer unha foto bonita e que tivese un bó fondo e non o dunha casa vella. Ademais era un gran acontecemento, xa que tiña que vir o bispo á vila para poder facerlles a comuñón e, polo tanto, todos os nenos a facían todos xuntos creando moi bos recordos. A min paréceme unha fotobiografía moi bonita non porque sexa única, senón ao contrario, porque en cada casa hai unha similar acompañada dun recordo bonito no imaxinario común de cada avó.


 

Yaiza Anido Fernández




 

Mei Yu Falagan Mota


Época da foto: finais década anos 40- principios 50.

Lugar: romaría nunha parroquia de Vigo.

Esta foto é da miña avoa, Concepción Rodirguez Barciela, cos seus amigos nesas festas, cando ela tiña entre 18-20 anos, e traballaba na fábrica de Álvarez de céramica desde os 14 anos. (É a moza da esquerda coa súa bolsa con roscón/empanada). Neses anos Vigo estaba composto polo núcleo urbano (cidade) e as parroquias do arredor con costumes e actividade rural. Como nesa época os transportes eran deficitarios pola dispersión de poboación, o divertimento da mocidade era ir ás festas e romarías. Nelas bailaban a música tocada por gaiteiros e/ou bandas de música.

As romarías, como se celebraban en capelas ubicadas no monte, a mocidade, a modo de excursión, saía de mañán da casa, levaban a comida e bebida en cestos e garrafóns. Pasaban o día divertíndose na romaría e regresaban sobre a tardiña/noite. Nesas zonas soía haber fotógrafos para que tivesen recordos as pandillas deses tempos.


 

Marcia Camila González Suárez


Esta foto foi tomada o dia 11 de outubro do ano 1961 en Montevideo (Uruguai) o día do casamento polo civil dos meus avós por parte materna, vese a Rubén e a María Nilda na parte central da fotografía. Ao carón do meu avó atópase Rosa, que é a súa nai; ao outro lado do atópase Celia, que é a nai da miña avoa. A maioría das mulleres que aparecen nesta foto son irmás da miña avoa excepto a muller que esta detrás de Rosa, que é a tía Zulma de Rubén e o outro home que aparece é o irmán da miña avoa. Na foto non aparece todo o mundo, nin sequera as persoas máis achegadas, xa que faltan 4 irmáns da miña avoa e familia do meu avó. Estes familiares que non estiveron no rexistro civil, xa que o espacio era reducido, xuntáronse máis tarde na casa de miña bisavoa Celia, e todos os convidados entre uns 60-70 eran familiares deles.


 

Manuela Hernández Cuéllar


Esta foto é en San Martín de Tábara, un lugar de Zamora.

A fotografía é en branco e negro xa que xusto naquel momento aínda estaban a empezar coas

fotos con cor. Podemos ver que é un anaco de xornal, como pon aí, é na década dos anos 60.

Hai vinte e catro alumnas e dúas profesoras. Curiosamente todas van de branco e con saia,

excepto unha nena que leva un xersei escuro e a profesora que leva unha parte de arriba de cor

tamén. Detrás podemos ver unhas árbores sen follas, por isto e pola vestimenta podemos intuír que sería primavera ou outono, tamén hai unha caseta moi típica de aldea, e os muros compostos por

pedras, tamén moi comúns nas aldeas. Só hai nenas porque naqueles tempos, as escolas estaban separadas por nenos e nenas. Neste momento, os muros de pedras e aquela caseta seguen en pé, o lugar está cheo de casas feitas de pedras e eses muros pequenos seguen separando as parcelas.


 

Candela Iglesias Rial






 


Ainoa Novo Pampillón


Nesta foto aparece o meu tío avó Manolo Pampillón Pérez, o cal era misioneiro en Malabo,

Guinea Ecuatorial. El marchou cara alá nos anos 60 cando tiña 47 anos, pero nesta foto xa ten 56. El foi a Malabo co propósito de esparexer a fé en Deus e a axudar os máis desfavorecidos, axudándoos no seu día a dia e facendo de profesor ensinándoos a ler, escribir, etc. El explicaba que nesta foto estaban con el unhas rapazas dun colexio que ao mesmo tempo era un orfanato. Manolo pertencía a unha congregación relixiosa "Misioneros Claretianos", que tiña a súa sede en León (España) e outra en Bata (Guinea Ecuatorial), lugar onde o meu tío avó pasou a maior parte do tempo. El era membro do que el consideraba unha familia, composta por 8 mozos seminaristas que aspiraban a ser grandes misioneiros coma el. Manolo dedicou toda a súa vida a cuidar aos demais, sempre nos envíaba cartas durante a súa vida de misioneiro, e cada 3/4 anos viña visitarnos. Finalmente no ano 1999 Manolo cae enfermo e voou a León para que os sacerdotes o cuidaran, pero pouco despois terminou falecendo a edad de 86 anos.


 

Irene Rey Regueiro


Pódese observar como protagonista a nena que vai facer a comuñón, un 18 de junio de 1978. Esa nena é a miña nai, Mónica, ao lado do seu pai e, aínda que parezcan os seus irmáns, os que están ao seu lado son seus sobriños. Pero non o rapaz de detrás do seu pai, ese non é o seu sobriño, de feito a día de hoxe, aínda que pareza imposible, ese neno cun sorriso tan singular é o meu pai.

De feito, o mei pai, Rafa, é irmán do marido da irmá da miña nai; seino, soa moi raro, pero é así, Rafa, é irmán Enrique “Kike”, e Kike, a súa vez, é marido de Mercedes “Piri”, a irmá de Mónica. Existe esta unión pola diferencia de idade entre irmáns por ambas partes, os meus pais son os pequenos de 5 e 6 irmáns, e Piri e Kike, case os máis vellos. Parece de película, pero esta é a historia que une os meus pais, cunha pequena coincidencia, quen diría que a raíz disose formou unha familia? A pesar de que sería precioso un amor dende nenos, a súa historia non comeza alí, pero si uns anos despois. Teñen unha historia tan única, que non podía pasar por alto esta oportunidade para contala.


 

Sofía Rodríguez Teijeira


Esta foto está feita sobre o ano 1948 en Oroso (A Cañiza), debido a isto, está en branco e negro. Nela, vese que están a facer a corta e malla do centeo. Aparecen, de crequenas a miña tataravoa Encarnación; á esquerda, o seu cuñado Manolo e á dereita a miña bisavoa Estrella. A miña tataravoa leva na man unha fouciña para cortar a palla, e na outra unha caixa. Por outra parte, a miña bisavoa ten unha forquiña para levantar a palla, e leva posto un mandil e un sombreiro; o cuñado da miña tataravoa tamén o leva. Atópanse nun campo de centeo, no que cortarán a palla cando a espiga estea seca, logo porán unha saba no chan e cun pao, mallarán a espiga para separala dos grans. Unha vez feito isto, apartarán a palla e cunha peneira peneirarán o gran para separalo da suciedade, e así coller o gran limpo para o consumo. Posteriormente, almacenarano no canastro para conservalo durante todo o ano.


 

1 º BACH C


Hugo Hermida Araújo



Este retrato do 1964 é de Jesús Araujo, tamén chamado Suso, o marido da mia avoa, e dun

amigo que se chamaba Alejandro, que convenceu ao mu avó para ir a Alemaña para evitar facer o

servizo militar. Alejandro buscoulle un traballo e compraron a medias o coche do retrato. Estes

traballaron nunha fundición a quendas onde Suso queimou a man. Pasouno moi ben e el dicía

que ali conseguía moitas mozas.

Aos 22 anos non tivo outra e tivo que vir facer o servizo militar pero mentres tanto aproveitou a súa estancia e fixo moitos amigos, entre os cales había alemáns e inmigrantes doutras zonas do mundo.



 

Ana Martínez Méndez


Na foto, feita sobre os 50, pode observarse unha festividade popular da Parroquia de Darbo, que aínda hoxe segue a celebrarse, a Romaría de Darbo, que se celebra cada 8 de setembro e dura 3 días. Na imaxe obsérvase o momento onde se desfila coa virxe e Santa Ana. Ambas esculturas están rodeadas de persoas, onde as mulleres levan un velo na cabeza para poder entrar na igrexa, como era tradición. Nestas festas tamén era típico bailar nunha pista de terra, onde cada tarde botaban auga para que non houbese moito po. No fondo da imaxe tamén poden observarse numerosos postos, onde se vendía comida e bebida, nos que destacaba o pan de millo ou o “café de calcetín”.



 

Alba Santomé de María


Nesta foto, a cal foi sacada a principios dos anos 60, aparecen mozos e mozas que viñan de cumprir aquel ano a maioría de idade. A miña avoa é a terceira muller comezando pola esquerda, e o meu avó, o primer home da fila de abaixo.

Daquela era obrigatorio o servizo militar e chamában os rapaces que ían facelo os quintos, acompañados na celebración das mulleres, chamadas quintas. Aquí estaban na entrada dun bar da mariña noutro lado da ría, en Moaña, onde se reunían despoisde ir comer e facer un baile tradicional que secoñecía como "baile dos quintos".

Esta tradición, aínda que era celebrada en distintos lugares de España, tiña variantes: en Andalucía relacionábase cos toureiros, en Estremadura prendíase lume... Pero o máis bonito é que a día de hoxe, sendo o servizo militar non obrigatorio, séguese celebrando. O meu avó non foi facelo como ben di a miña avoa, pero este ritual foi un día moi importante nas súas vidas e na dos seus compañeiros.



 

Uxia Soto Costas


Nesta foto hai unha serie de persoas. Trátase dun equipo de fútbol que foi creado nunha

empresa. Entre elas está o meu pai. Este equipo estaba formado por coñecidos, compañeiros

de traballo e amigos, e xogaban nas ligas locais. A data na que se fixo esta imaxe rolda o

ano 1962, aínda que non o podería asegurar con certeza.

Nesta imaxe podemos aprezar uns homes con roupa de deporte. Estamos a ver unha foto do

equipo de fútbol onde xogaba o meu avó Beni. Nesta fotografía tería arredor de 19 ou 20 anos

como moito, polo tanto, este é un documento anterior ós 70. Cremos que é de 1962, mais non

podemos aseguralo, porque o meu avó morreu e tampouco hai nada escrito detrás da foto.

Polo tanto, non temos ningún dato nin do ano exacto nin dos compañeiros e amigos que o

acompañaban; así mesmo tampouco coñecemos a ubicación do campo onde estiveron xogando

aquel día. Esta imaxe é moi importante para min porque é unha das poucas que sacou cando

era así de novo; as outras son xa despois de coñecer á miña avoa, e polo tanto, máis actuais.

Esta aventura polo pasado foi todo un descubrimento, xa que non tiña nin idea de que o meu

avó xogara ó fútbol nin da existencia doutras fotografías similares a esa.

Estoulle moi agradecida á miña avoa por mergullarnos ámbalas dúas neste mar de recordos

agochado entre álbumes e papel fotográfico.



 

Yasmín Suárez Besada








47 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page